MAREA DE VIGO DENUNCIA ESTA PARALIZACIÓN A PESAR DA SENTENZA DO TSX E POSTERIOR NON ADMISIÓN DO RECURSO POR PARTE DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL QUE ASÍ O REQUIRE.
Marea de Vigo denuncia publicamente as deficiencias do servizo, tanto cara o cadro de persoal da empresa Dornier S.A., que xa ven de denuncialo en repetidas ocasións a través do rexistro do Concello, como cara a cidadanía, que está pagando as consecuencias de este deterioro e non cumprimento do ditaminado pola Xustiza.
O grupo municipal da Marea de Vigo, despois de manter unha xuntanza coa representación sindical da empresa e revisar tanto a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coma a a non admisión de recurso por parte do Tribunal Constitucional, de novembro do 2013, considera que o Concello está incumprindo dita sentenza e mesmo o anunciado pola corporación no seu dia, sobre sacar a concurso a concesión, e considera que se teñen que dar explicacións sobre o que está a acontecer co servizo. Tanto sobre a sobrecarga de traballo que está a vivir o cadro de persoal (no prego técnico especifica a cobertura persoal que debe garantirse para o bo funcionamento do servizo) como as sospeitas que xa ten trasladado a representación dos traballadores e traballadoras respecto o traslado de medios humanos e materiais pertencentes o servizo do Concello de Vigo a outros municipios de Galicia.
Marea de Vigo considera que este pode ser o momento de plantexar fórmulas cara á remunicipalización do servizo e insiste en que, de existir un control público sobre as concesionarias municipais a través dun observatorio da contratación pública, se evitarían situacións como a que están sufrindo as e os traballadoras e traballadores de Dornier S.A. e mesmo a cidadanía, que está a pagar a mala xestión do servizo, tanto por parte da empresa como por parte do Concello.