MAREA DE VIGO CUALIFICA DE “PERIGOSO PRECEDENTE” A MODIFICACIÓN DO ARTIGO 144 DA NOVA LEI DO SOLO QUE PODE XERAR “ARBITRARIEDADE” NO URBANISMO DE VIGO E GALICIA.

Marea-Vigo-rubenO voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, coincide con grupo parlamentar de AGE en advertir que os proxectos que o goberno local de Vigo e a Xunta consideren estratéxicos (proxecto estación Thom Mayne , Cidade da Xustiza, ampliación do Polígono de Balaídos) poden saír adiante xa cos instrumentos que actualmente existen, que esixen garantías e informes sectoriais e que conteñen un período de exposición público, como son os plans ou proxectos de incidencia supramunicipal, recollidos na lei de ordenación do territorio de Galicia dende 1995.

MAREA DE VIGO considera “ilustrativo” que no pleno de hoxe o PSOE retirase a moción que pedía precisamente esta declaración de supramunicipalidade despois de manter xuntanza en Madrid entre o Ministerio de Fomento, Xunta e Concello o que indica que “o PSOE adopta “de facto” a postura de modificación anunciada polo último Consello da Xunta do artigo 144 do proxecto de lei do solo, que sigue en trámite pero xa co período de emendas rematado o que require do acordo de todos os grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia.

Rubén Pérez coincide en sinalar como perigosa esta vía porque como expresou AGE “significa abrir a porta en todo o país á discrecionalidade na construción de infraestruturas, aínda contra o planeamento, e co simple requisito de que sexan declaradas de interese xeral e a emisión de informes sectoriais”.

MAREA DE VIGO non pode apoiar que mediante esta modificación do artigo 144 da lei do solo determinados proxectos urbanísticos poidan ser aprobados sen períodos de exposición pública nin alegacións da cidadanía. Marea alerta que isto xerará certamente novas “inseguridades xurídicas”. Rubén Pérez lembra que como denunciaba AGE no parlamento esta semana: “é imprescindible a participación pública na tramitación dos proxectos e plans urbanísticos, sen a cal todo o procedemento estaría viciado de nulidade absoluta”.

Relacionados