MAREA DE VIGO CONSIDERA QUE O PROBLEMA DO ESTADIO DE BALAÍDOS QUE SE EVIDENCIOU ESTE FIN DE SEMANA CO TEMPORAL É TÉCNICO E NON POLÍTICO, REXEITANDO O DEBATE DEMAGÓXICO QUE SE ESTA DANDO A CAUSA DA CANCELACIÓN DUN PARTIDO DE FÚTBOL

estadio_balaidosO Grupo Municipal da Marea de Vigo critica o establecemento de prioridades á hora de facer declaracións por parte de PP e PSOE xa que o prioritario debe ser a seguridade das persoas por enriba do espectáculo.

Xose Lois Jácome, concelleiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, insiste en que “Hai q harmonizar as obras que se están facendo no estadio ou facer un estadio novo para evitar a situación na que está Balaídos actualmente.”

O Grupo Municipal da Marea de Vigo, por enriba dos arranxos que se poidan levar a cabo, defende, tal e como lle expresou tamén a Carlos Mouriño no seu día, a construción dun novo estadio, onde os terreos fosen cedidos polo Concello, contase ademais coa lóxica participación de Zona Franca, e dicir, con posibilidades de explotación dos locais co correspondente retorno económico, así como para o propio Concello, que, neste caso, subscribiría un novo convenio co clube e/ou recollería unha parte da venda das entradas.

Con respecto ao acontecido este fin de semana, sinala Xose Lois Jácome, “pedimos que haxa sentido común e non se faga demagoxia sobre o tema, posto que a seguridade, tanto das e dos traballadoras e traballadores que están no estadio como do público, é prioritaria sobre a celebración do propio partido.”

Alén disto, e con independencia de que a obra que esta orzamentada váiase facer, hai que reparar as estruturas canto antes para poder evitar futuras cancelacións e garantir a seguridade tanto das persoas que están traballando no estadio coma do público.

Relacionados