MAREA DE VIGO CONSIDERA QUE O NOMEAMENTO DO NOVO CONSELLEIRO DE SANIDADE, VINCULADO AO CENTRO MÉDICO POVISA, ANUNCIA CONTINUIDADE DAS POLÍTICAS ACTUAIS DE PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE

marea-descartaMarea de Vigo considera que a porta xiratoria do centro privado ao Sergas perpetúa non só a existencia deste particular e custoso convenio senón que garante que a área sanitaria de Vigo esté vampirizada polo negocio privado dos Silveira.

Rubén Pérez, voceiro municipal da MAREA DE VIGO considera que o cambio de cara non suporá nada de novidade na xestión do modelo sanitario do PP porque evidentemente os males causados na concreción do modelo do Hospital Álvaro Cunqueiro “requiren un cambio de goberno no estado e en Galicia” para modificar lexislativamente “todas aquelas leis que permiten as fórmulas de xestión privada na sanidade pública.

MAREA DE VIGO lembra que o modelo hospitalario de POVISA, quen leva anos despedindo celadores, persoal de arquivo, etc… incorpórase de xeito análogo ao modelo do SERGAS na área sanitaria de Vigo, modelo que MERMA, AINDA MÁIS, A CALIDADE ASISTENCIAL. MAREA segue considerando que o servizo sanitario dun area tan importante como a de Vigo, non pode estar a expensas dos intereses económicos dun grupo empresarial.

Pola sua parte, Marga L. Barreiro, considera que, non veremos nada novo baixo o sol do novo conselleiro Vázquez Almuiña, xa que o modelo sanitario privatizador do PP “está atado e ben atado” e considera que seguiremos precisando grandes mobilizacións para garantir unha sanidade pública, gratuíta e de calidade.

Relacionados