Deixar que unha empresa que non cumpre as obrigas para co seu cadro de persoal e outra empresa decidan de modo privado o futuro dos próximos meses do servizo non é solucionar a situación de problemática laboral que está a sufrir o cadro de persoal dos servizos.
O grupo municipal da Marea de Vigo, despois de ver o contido da solicitude de cesión do servizo de limpeza de dependencias municipais e colexios e informarse sobre o funcionamento da empresa que pretende quedarse cun servizo de tal magnitude sen pasar por ningún órgano de contratación pública dun xeito que non sexa soamente a valoración desta solicitude dentro do contexto no que está o servizo hoxe en día, pide o Goberno Municipal responsabilidade á hora de valorar positivamente a proposta, xa que podemos atoparnos de volta con graves problemas para o cadro de persoal, que, a día de hoxe, a través dos seus representantes sindicais, non teñen nin a mínima comunicación da súa empresa, Linorsa, o respecto (a pesar de tratar de poñerse en contacto coa mesma).
A Marea de Vigo pregúntase, o igual que o cadro de persoal, de que modo vai a ser solucionada a súa situación de impago, si realmente as subrogacións van facerse tal e como marcan os pregos, e unha infinidade de incógnitas, que, aínda que por defecto poidan contestar que se cumprirá estritamente a lexislación, todas e todos temos dúbidas de si na práctica será así, tal e como a realidade nos mostra. Tamén este Goberno Municipal votou a favor da moción presentada polo GM da Marea de Vigo no seu día onde afirmaba poñer en práctica todas as ferramentas para solucionar a situación e vemos que o único que se fixo foi contemplar como Linorsa, por sí mesma, en teoría, buscaba saída a esta situación a base de negociar con outra empresa a cesión.
Este grupo municipal insiste na vía da remunicipalización, para o cal vai a aportar informes técnicos doutros concellos de similares características en canto a dimensión dos servizos e dos custes, que foron quen de levar a cabo políticas de remunicipalización de servizos públicos co que implica e sen medo, con toda a normalidade do mundo.