MAREA DE VIGO considera que “a evidencia do modelo de hospital privado formulado polo PP” só deixaba unha solución inmediata que pasa porque o concello facilite unha alternativa gratuita
O voceiro municipal da MAREA DE VIGO, Rubén Pérez, considera positivo o anuncio e espera que o alcalde “rectifique públicamente” ao sinalar no último pleno que pedir un aparcadoiro gratuíto por iniciativa municipal era “apoiar que permaneza un aparcadoiro de pago no hospital” (citamos textualmente a transcrición do pleno.
Rubén Pérez lembrou que no transcurso do pleno, e durante a intervención final da presidencia regulada no artigo d) do Regulamento Orgánico do Pleno do Concello, o alcalde afirmou que o contido da moción presentada polo grupo municipal da MAREA DE VIGO con número de rexistro 1167/1101, era a votación do noso grupo en contra da “gratuidade do aparcadoiro do novo hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cando, como se pode comprobar, o contido da moción é absolutamente distinto e circurscrito a solicitude de alternativas de aparcadoiro por parte do Concello de Vigo.
MAREA DE VIGO seguirá traballando para o rescate da concesión do novo hospital e para que o aparcadoiro e tódolos servizos ofertados no actual hospital sexan gratuítos.