O grupo municipal da MAREA DE VIGO considera que o que aconteza entre as e os traballadores dunha concesionaria municipal e a empresa concesionaria é tamén responsabilidade do concelleiro da área e califica como irresponsables as declaracións feitas polo mesmo desentendéndose da problemática.
Marea de Vigo denunciou hoxe que a aplicación do convenio estatal a unha decena de traballadores da concesionaria supón unha vulneración do prego de condicións, e polo tanto, é responsabilidade do Concello facer cumplir o mesmo.
O voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, suliña que “é perfectamente lexítima a mobilización que estan levando a cabo o cadro de persoal de parques e xardíns diante do Concello, diante dos que deben ser os garantes do cumplimento das condicións plasmadas no prego de condicións” e advirte que de non resolver esta situación e ó persoal afectado non se lles aplique o convenio de Parques e Xardíns do Concello de Vigo, “ábrese a porta a inaplicación do convenio a máis traballadores e traballadoras do servizo de forma paulatina”.
Rubén Pérez sinalou tamén que as declaracións do Concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Rivas, desentendéndose do conflicto, “son un exemplo máis de como entende este goberno municipal a sua responsabilidade sobre a xestión de cartos públicos, precisamente unha persoa imputada polas supostas actuacións levadas a cabo coa anterior empresa concesionaria do servizo”.