MANIFESTACIÓN “VIGO SEN BOMBEIROS”

Hoxe acompañamos aos compañeiros da plataforma “Vigo sen bombeiros” nunha manifestación dende Praza de España ata o Concello de Vigo.

Piden aumentar o número de bombeiros para cumprir coas necesidades da cidade. Para traballar con máis seguridade e sen ter que facer xornadas infinitas.

Tamén recordaron emocionados e con tristeza ao seu compañeiro Sergio, falecido a semana pasada no exercicio do seu traballo.

Dende EU Vigo pedimos ao Concello de Vigo que atenda a demanda dos bombeiros e que faga fincapé na prevención de riscos para que poidan traballar coa máxima seguridade.

Os bombeiros sempre están para axudarnos, para salvar as nosas vidas e as dos nosos, hoxe precisan do noso apoio.

Relacionados