MANIFESTACIÓN VIGO CON PALESTINA

Este mércores 24 de abril quedará marcado na memoria da cidadanía viguesa. Un día no que o pobo vigués saíu en masa a defender Palestina enchendo as rúas coas súas bandeiras.

Simplemente unha manifestación unitaria do pobo vigués en defensa do pobo palestino.

Máis de 70 colectivos colaboramos na organización e difusión desta manifestación cidadá na que, acertadamente, só se mostraban bandeiras palestinas.

A manifestación levouse a cabo sen berrar consignas para que se escoitase o son das sireas antiaéreas mediante un megáfono. Deixámosche este vídeo que mostra cómo foi a manifestación, o son pon a pel de galiña.

A marcha finalizou na Porta do Sol coa lectura do manifesto que podes ler na páxina change.org. Ademáis, agora sí, todos os presentes alzamos a voz para cantar a canción Venceremos nós, e acabamos berrando consignas.

Gracias compañeiras e compañeiros que poidestes achegarvos, un pracer compatir loitas xuntxs!

Dende Esquerda Unida Vigo non cesaremos en manifestarnos en calquera iniciativa en defensa do pobo palestino ata que sexa libre da ocupación de Israel.

Paremos esta barbarie! Paremos este xenocidio!

Viva Palestina libre!

Palestina vencerá!

Relacionados