Manifestación “Loitamos polo emprego, por unha alternativa social á crise”

27 de xuño ás 12 h. Porta de Toledo a Praza Maior, Madrid



O vindeiro domingo 27 de xuño, Izquierda Unida sairá á rúa, nun gran acto contra a crise en Madrid, no que participarán o conxunto de federacións da nosa organización, así como a nosa contorna simpatizante e a esquerda organizada que, xunto ás xentes de Izquierda Unida, queiran dar un único e gran berro contra as medidas de axuste neoliberal, contra o decretazo e o adelgazamento dos servizos públicos.

Imos organizar un gran acto de masas en Madrid, que nos permita saír á opinión pública reforzados, coas nosas propostas alternativas, e que nos referencia politicamente no conflito social. EU como referente dos traballadores e as traballadoras públicas, dos e as pensionistas, como referente do conxunto das xentes traballadoras e da maioría social, que paga a crise con desemprego, precariedade e perda de dereitos sociais.

Vivimos nun momento no que a situación política, económica e social fai máis necesaria que nunca unha converxencia de organizacións, persoas e forzas de esquerda para dar resposta aos ataques que sofre a maioría social e a clase traballadora, desde as institucións europeas, a dereita política e económica e o goberno, facéndose eco das propostas neoliberais para a saída da crise.

Debemos converternos nunha Gran Piquete Informativo en toda España para defender os contidos da Folga Xeral e dar á vez unha resposta política aos coautores e defensores do consenso de Bruxelas (PP e PSOE) para divulgar entre as persoas traballadoras, pensionistas, novas e forzas da cultura que é necesario impor democraticamente outro sistema económico baseado na intervención democrática da economía, na xestión dos recursos ao servizo das necesidades sociais e non do mercado e nunha fiscalidade progresiva e solidaria.

O recorte de Zapatero sentirase especialmente nos Concellos e na Comunidades Autónomas, polo que se fai imprescindible unha resposta xeral de Izquierda Unida, coa participación activa das nosas asembleas locais e das federacións.

Izquierda Unida debe ocupar as rúas sen ningún tipo de complexo para defender e construír unha alternativa á crise desde a esquerda. A saída conservadora non é inevitable, hai saídas pola esquerda, hai unha saída social á crise que virá só a través da mobilización e a loita política.

Por iso solicitamos o teu esforzo e compromiso. Acode e difunde.

MANIFESTACIÓN Y ACTO PÚBLICO
DOMINGO 27 JUNIO, 12 H.
MADRID.PUERTA DE TOLEDO – PLAZA MAYOR


A efectos de concertar autobús, os que teñades disposición de ir interesa
que o indiquedes antes do Venres a través do noso correo comarcal (eu-vigocomarca@esquerdaunida.org)  ou chamando por
teléfono: 985-220729

Precio 30 euros aproximadamente (a escote sobre o precio do bus).



Secretaría de Comunicación
Executiva Comarcal de Esquerda Unida

Relacionados