MANIFESTACIÓN: Esquerda Unida de Vigo en contra da privatización da sanidade

EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

A Consellería de Sanidade, do PP, quere mudar o plan funcional do novo hospital rebaixando a 900 camas o plan previsto de 1.414 camas, consensuadas e defendidas pola plataforma cidadá pola Sanidade Pública.

As empresas privadas presionan para des-organizar a sanidade pública segundo o seu interese capitalista.

Compre non esquecer que o goberno bipartito (PSOE+BNG) tivo a súa responsabilidade nesta situación por canto inaugurou por tres veces o inicio das obras do novo hospital, non deixando nin a primeira pedra posta, facilitándolle a estratexia privatizadora ó Esta estratexia sanitaria do goberno galego non atinxe soamente a Vigo, senon que reproducirase o longo de Galicia. Convén lembrar e a privatización dos recursos sanitarios está contemplada na Lei 15/97 de Habilitación de nuevas formas en el sistema nacional de salud foi apoiada no parlamento español polo PP + PSOE.
Facemos un chamamento a mobilizármonos contra este ataque á sanidade pública, apoiando a convocatoria da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública. Por iso pedimos a todos/as acudir á MANIFESTACIÓN que terá lugar en Vigo o día 29 de outubro, con saída ás 20:00 h dende o cruce Urzaiz – Gran Vía.

EN DEFENSA DO PÚBLICO
POR UNHA BANCA PÚBLICA
MÁIS IMPOSTOS PARA OS RICOS E MENOS IMPOSTOS
PARA A CLASE OBREIRA
MENOS GASTOS MILITARES EN MISIÓNS IMPERIALISTAS
(Afganistán, Somalia, OTAN)
E MAIS GASTO SOCIAL

Relacionados