Baixo o lema “Recortar recursos é atentar contra a igualdade” a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza desenvolve a campaña do 25 de Novembro de2010 do *Día internacional contra a violencia machista*.
Por iso, desde Esquerda Unida, tamén denunciamos todas as faces daviolencia, a institucional por abandonar os recursos de igualdade, a educativa por carecer de estratexias serias, a familiar por querer perpetuar o modelo de familia patriarcal.
Queremos que se acabe xa coa complicidade entre o poder político e os grupos pro-vida para recortar os dereitos das mulleres.
SON TEMPOS DE CRISE DA IGUALDADE, por iso o feminismo é tan necesario
*MANIFESTACIÓN, XOVES 25 DE NOVEMBRO, ÁS 8 DA TARDE*
*DESDE A PRAZA DE URZAIZ (ENTRADA A RUA DE PRÍNCIPE)*