A convención provincial de ESQUERDA UNIDA acordou hoxe en Vigo presentar como cabeza de lista para as vindeiras eleccións autonómicas a Juan Fajardo Recouso, actual concelleiro en Vilagarcía de Arousa. Traballador Informático, actualmente atopase no paro. Acompáñao como número 2 da candidatura a viguesa Eva Solla, enfermeira e responsable do área de Saúde e Benestar Social en Vigo, traballadora do SERGAS. Dita candidatura deberá ser ratificada polo Consello Político Nacional de Esquerda Unida.
A candidatura aprobada supón unha renovación do 80% respecto das pasadas eleccións, cunha ampla participación da mocidadeO acto iniciouse cunha asemblea aberta, na que un 50% dos asistentes eran persoas non afiliadas, representativos de diferentes sectores sociais e na que se realizaron aportacións aos documentos programáticos que ESQUERDA UNIDA defenderá no parlamento autonómico.
Na súa intervención, Juan Fajardo, destacou que EU aporta firmeza na construción dunha barreira contra a agresión ó emprego e ós servizos sociais; aporta coherencia entre o que se di e o que se fai; aporta solvencia na alternativa, para combater a resignación.
Chamou a mobilización para unha saída da crise que se faga tendo en conta ás persoas e non os poderes financeiros, chamados mercados.
Un sentir maioritario da Convención foi a aposta pola Convocatoria Social como método de construción e participación dende abaixo.