INTRODUCCIÓN Á TEORÍA CRÍTICA FEMINISTA

Hoxe deron por finalizado o curso de Introducción á Teoría Crítica Feminista impartido por Prima Igualdad na Casa das Mulleres. Nel participaron as nosas compañeiras Fiona, Teresa e Alba.

É un curso aberto a toda a cidadanía, este ano so participamos mulleres, pero gustaríanos ver homes, a verdade. Aprenderás da historia e teoría feminista aplicada á actualidade, ademáis de coñecer mulleres importantes da historia que, pola estructura patriaracal do ensino, non nos mostraron.

O curso estructurouse en 10 clases repartidas entre marzo e abril, da seguinte maneira:

  • Os comezos: Feminismo pre-moderno. Christine de Pizan.
  • Primeira onda: Feminismo Ilustrado. Olympe de Gouges e Mary Wollstonecraft.
  • Segunda Onda: Sugraxismo Anglosaxón: de Emily Pankhurst a Sojourney Truth. Sufraxismo español: de Clara Campoamor e a Victoria Kent. Feministo socialista e anarquista. Rosa Luxemburgo e Emma Goldman.
  • Terceira Onda: Feminismo da igualdade e da diferenza. Simone de Beauvoir. Feminismo liberal e feminismo radical: de Betty Friedan a Kate Millet. Feminismos negros: de Angela Davis a Audre Lorde. Ecofeminismo: de Alicia Puleo a Vandana Shiva. Feminismo decolonial/poscolonial
  • Cuarta Onda: Feminismo e posmodernidade: Judith Butler e as teorías queer. Feminismo multiculturalista.

As nosas compañeiras quedaron satisfeitas co curso, permitiulles ter unha base sobre a que investigar (e unha morea de podcast e libros). Prometeron revisar os apuntes para destacarnos algúns puntos, pronto faremos que nos conten qué podemos aprender desas mulleres para aplicalo á loita feminista de hoxe.

Ainda que pareza mentira, moitas das ideas que defendemos hoxe, xa as defendían mulleres fai 100 anos. Iso quere dicir que o avance é lento, teremos que darlle un empuxón?

Se queres acompañarnos nesta loita, non dubides en escribirnos a mullervigo@esquerdaunida.org ou ao móbil 698179943. Tamén podes seguirnos en Instagram e Facebook para estar enteradx do que imos facendo.

EU Muller Vigo

Relacionados