ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA E GASPAR LLAMAZARES NAS MOVILIZACIÓNS POLA SANIDADE PÚBLICA GASPAR LLAMAZARES VISITA VIGO PARA APOIAR AS MOVILIZACIÓNS POLA SANIDADE PÚBLICA CON ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA
O deputado Gaspar Llamazares, voceiro de IU na comisión de sanidade do Congreso, acode a Vigo para sumarse as mobilizacións en prol da Sanidade Pública e mostrar o seu compromiso e apoio ó proxecto de Alternativa Galega de Esquerda. Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional e candidata de Alternativa Galega de Esquerda, declarou que “neste momento de emerxencia tódolos apoios serán benvidos.
Sabemos que a Alternativa que estamos a crear ten respaldo nacional e internacional. Temos a responsabilidade de dar a coñecer que a sociedade ten unha Alternativa ó roubo sistemático e ao engano. Todo o que defenda aos cidadáns e non aos mercados, será benvido.”
As 16:30 terá lugar unha rolda de prensa diante das obras do Novo Hospital. O cabeza de lista provincial, Juán Fajardo declarou que “é onde quedan patentes os efectos negativos da lei 15/97 que permite a xestión privada de clínicas e hospitais públicos. Xestión privada o contrario do que venden, estamos a comprobar, que encarece o servizo ata o infinito”. A mesma acudirán Gaspar Llamazares, a Coordinadora Nacional Yolanda Díaz e o cabeza de lista por Pontevedra Juán Fajardo.
Pola tarde, as 18:00, participarán no Hotel AXIS nun encontro con profesionais sanitarios da área de Vigo que servirá de presentación do programa de Sanidade de Alternativa Galega de Esquerda. As 20:00 se confirma a asistencia a manifestación POLA SANIDADE PÚBLICA, con saída de Plaza de España.