FALADOIROS DA MEMORIA. FLOR BAENA

Uns días despois de sair á rúa pola III República celebramos o primeiro dos Faladoiros da Memoria na nosa sede. Nel, tivemos o pracer de contar con Flor Baena, irmá de Xosé Humberto Baena, un dos derradeiros fusilados polo réxime franquista en 1975, tamén coa colaboración de Alberto Estévez, voceiro de Amnistía Internacional e coa moderación de Fiona Brennan, Responsable de EU Muller Vigo.

Durante o Faladoiro, decatámonos de que estábamos ante o relato de dúas historias. A de Xosé Humberto Baena, asasinado despois dun xuizo irregular no que se prohibiu declarar a testemuñas do crime polo que esta a ser xuzgado. Estas testemuñas poderían haber confirmado que o autor do disparo que acabou coa vida dun policía non se parecía a Xosé Humberto. E a historia de Flor Baena, unha muller que leva 50 anos loitando para que o nome do seu irmán sexa restituido e o estado recoñeza publicamente que Xosé Humberto foi victima innocente dun réxime represor e criminal.

Foi un encontro emotivo e esclarecedor onde todas as persoas que asistiron poideron participar activamente. Dende Esquerda Unida Vigo comprometémonos a facer o que esté ao noso alcance para que Flor baena consiga o seu obxetivo polo que leva 50 anos loitando.

Memoria, xustiza e reparación.

Saúde e República!

Relacionados