Esquerda Unida chama a cidadanía a participares masivamente na manifestación convocada por CCOO e UGT

ESQUERDA UNIDA APOIA E PARTICIPARÁ ACTIVAMENTE NA MOBILIZACIÓN DO 30 DE XUÑO EN COMPOSTELA

A PARTICIPACIÓN DE EU NESTA MANIFESTACIÓN SE ENCUADRA DENTRO DA ESTRATEXIA FEDERAL DE IU, QUE COMENZOU O PASADO 27 DE XUÑO CUNHA MULTITUDINARIA MANIFESTACIÓN QUE ENCHEU A MADRILEÑA PRAZA MAIOR

Unha vez máis Esquerda Unida apoia as mobilizacións que se están a desenvolver na procura de conseguir unha saída de esquerdas á crise, xusto todo o contrario do que está a lexislar mediante “decretazos” un Goberno do PSOE entregado ao poder do capital.

A marcha, que forma parte dos actos previos á folga xeral do 29 de setembro, partirá da Alameda compostelá as 20:00 h. e rematará na Praza de Praterías. Nela preténdese expresar o contundente rexeitamento dos traballadores e traballadoras deste país ás políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores e traballadoras decretadas polo Goberno, baixo o amparo e escusa de directrices europeas.

O Goberno do PSOE, que se di de esquerdas, defraudou a cidadanía á que representa. Os brutais axustes económicos que está a adoptar como terapias de choque para saír da crise económica son inxustos socialmente, regresivos laboralmente e errados economicamente porque comprometen as posibilidades de crecemento económico e de creación de emprego.

Non cabe dúbida que este Goberno, ante as presións internacionais, esta a facer que a crise a paguen os máis débiles, aqueles que nada tiveron que ver no seu estoupido. Así pois, Esquerda Unida afirma que o Goberno do PSOE traizoou a maioría social, especialmente ao conxunto de traballadoras e traballadores.

A mobilización encádrase dentro da estratexia de mobilizacións desenvolvida por Izquierda Unida federal a prol da folga xeral, que comezou coa masiva manifestación desenvolvida o pasado 27 de xuño onde miles de persoas encheron a madrileña Praza Maior, baixo o título “Loitemos polo emprego, por unha alternativa social a crise”.

Fronte os ataques ao estado do mal chamado “estado do benestar” que está a desenvolver o Goberno do PSOE, Esquerda Unida propón 100 medidas para unha saída social da crise, das que destacamos:

– Eliminación dos paraísos fiscais

– Creación unha banca pública

– Fiscalidade progresiva

– Recuperación do Imposto de Patrimonio

– Reparto do tempo de traballo

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

Relacionados