Esquerda Unida de Vigo ante a negativa municipal a colocación da placa homenaxe en Pereiró

ESQUERDA UNIDA de Vigo considera impresentable a actitude do Concello negándo a colocación da Placa homenaxe os máis de 700 veciños de Vigo asesinados pola dictadura Franquista no cemiterio de Pereiró.

EU cree que o alcalde insulta os militantes socialistas negándose a homenaxear as vitimas do fascismo, entre eles centos de socialistas.

Unha vez máis o alcalde de Vigo amosa o seu desprecio pola Lei de Memoria Histórica aprobada polo PSOE e outras forzas políticas e en aras dun populismo antirepublicano incomprensible nun cargo socialista volta a
ningunear as victimas do fascismo na nosa cidade.

Rubén Pérez, coordenador local de EU recordalle o señor alcalde que foi a súa propia secretaria de organización federal Leyre Pajín a que colocou recentemente unha placa no cemiterio este de Madrid engadindo que  “merece
la pena recuperar la memoria y recomponer el mosaico de los corazones orientados hacia la libertad, la justicia y la dignidad”.

Esquerda Unida defenderá sempre a memoria republicana e antifascista, e defenderala dos que pretenden silenciala dende o compromiso e defensa ideolóxica dos valores franquistas pero tamén dos que, dende filas supostamente progresistas, veñen a defender exactamente o mesmo que os anteriores: o silencio, a desmemoria e o insulto polo tanto os centos de miles de familiares que piden xustiza.

 SECRETARÍA DE COMUNICACIÓN DE ESQUERDA UNIDA

Relacionados