O vindeiro 9 de decembro, xoves, estrearase o documental na cidade de Vigo. A elección desta cidade non é casual xa que na mesma se desenvolveu a actividade máis relevante do protagonista do filme. Porén, e aínda que a película recorre distintas localizacións da xeografía galega, a actividade clandestina en Vigo na loita contra a ditadura nos últimos anos do franquismo ocupa un lugar central na mesma: a constitución das CC.OO., a organización do PCG na comarca, a folga do 72…
Á proxeción do mesmo asistirá o protagonista Luís González López.
Na organización da proxección colaboran:
Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36
Asemblea Republicana de Vigo.
LUGAR: Centro Social Caixanova
DATA: 9 de decembro
HORA: 20:00