A agrupación viguesa da organización Esquerda Unida, escolleu o pasado xoves 8 de maio a súa nova dirección para os vindeiros catro anos.
A lista de Guillermo Crego Rodríguez obtivo o apoio por unaminidade da Asemblea de militantes. Está composta por seis mulleres e 6 homes con traxectorias e vagaxes profesionais diversos e singulares.
O cabeza de lista é Técnico Superior en Artes Gráficas cun historial profesional de máis de 20 años en diferentes empresas do sector na nosa cidade. Ten a experiencia política de ser durante varios anos Secretario de Organización Local. Tamén foi auxiliar no grupo municipal onde desempeñou funcións técnicas ata 2023. Traballos que lle fan coñecedor da vida interna da Agrupación Local e da realidade institucional no consistorio vigués.
Como Secretaria de Organización estará a irlandesa e viguesa de adopción dende fai mais de 30 anos Fiona Brennan, mestra da Escola Oficial de Idiomas en Vigo.
Outras persoas destacadas na nova dirección son Alba Torreiro, responsable de Comunicación, Mabel García responsable de finanzas, Teresa Marchante, responsable de Memoria Democrática, Julio Fernández, responsable de Relacións Exteriores ou Jesús María Álvarez, responsable de novas afiliacións.
Os obxectivos prioritarios da nova dirección, son seguir crecendo en militancia activa como se ven facendo dende os últimos anos e acadar que Esquerda Unida sexa unha ferramenta útil para os intereses da clase traballadora viguesa. Para elo saben que é importante volver a estar no Pleno Municipal. “As alternativas para construír unha cidade máis vivible, máis sostible e moitísimo máis participativa, as temos que acadar en comuñón entre os espazos sociais e institucionais. As propostas que emanan da veciñanza organizada teñen que chegar ás decisións institucionais si ou si, as viguesas e vigueses non podemos seguir sendo meros espectadores da obra de teatro interpretada polos “tres actores” de sempre”, di Guillermo Crego, novo coordinador local.