Para Nair Rodríguez, Responsable da Área de muller de Esquerda Unida de Vigo e nº 4 da candidatura o debate entorno á legalización ou abolición da prostitución é, sen dúbida, un debate necesario polos tempos que vivimos, porque esta crise ten dúas consecuencias máis, invisibles para a a maior parte da sociedade: o aumento do número de mulleres prostituídas (especialmente migrantes) e o aumento da violencia e coacción por parte das mafias. Asemade, estas eleccións municipais amosan unha realidade presente en moitos municipios do Estado: a intensa relación entre urbanismo, blanqueo de capitais e trata de mulleres.
Para Esquerda Unida, a prostitución é unha forma extrema de violencia de xénero, unha consecuencia da desigualdade entre homes e mulleres, que existe de maneira estrutural na sociedade, e creemos que unha solución nesta materia ten que implicar, entre outras medidas, a erradicación das causas económicas e sociais que a configuran. Polo tanto, a nosa posición respecto a este debate é clara, a diferencia de otros partidos políticos, nós dicimos non a legalización e si á abolición.
Para nós, a prostitución:
– non pode estudiarse, nin enfocarse, en base a obxectivos que pretendan a tranquilidade social ou a seguridade cidadá e veciñal.
– non pode considerarse como unha profesión ou actividade legalizable.
– E por último, calquera proposta política debe partir da súa consideración de violencia de xénero e de atentado contra os Dereitos Humáns das mulleres.
As nosas propostas en contra a violencia de xénero e a exclusión social, e a favor da abolición da prostitución son as seguintes:
- Plan integral municipal contra a violencia de xénero, en coordinación con outras administracións, que inclúa medidas específicas para evitar o desamparo das mulleres inmigrantes en situación irregular como consecuencia da aplicación da Lei de Estranxeiría. Este plan debe priorizar a sensibilización, prevención e detección.
- Creación de Dispositivos de urxencia para aquelas mulleres vítimas de violencia (á marxe da súa solicitude ou non da Orde de Protección) en coordinación con outros concellos, comarcas ou mancomunidades.
- Desenvolvemento de programas destinados á atención de mulleres en situación de marxinación e exclusión social.
- Desenvolver políticas encamiñadas á abolición da prostitución, como forma extrema de violencia de xénero. Executando políticas activas desde os municipios para erradicar todas aquelas licenzas de actividade que teña relación coa explotación sexual, así mesmo coa difusión nos medios de comunicación local ou de regulación por ordenanzas municipais, onde se poida difundir publicidade desa forma de violencia ou onde se difunda unha imaxe discriminatoria ou denigrante. Non apoiaremos ningunha ordenanza que pretenda criminalizar ou sancionar ás mulleres en situación de prostitución.
- Establecer canles municipais de denuncia da publicidade que atente contra a dignidade das mulleres.
Para Esquerda Unida legalizar a prostitución é lexitimar a escravitude do século XXI, é lexitimar a violencia contra muller.