ESQUERDA UNIDA TEME UN GASTO DESCONTROLADO EN DECORACIÓN E ILUMINACIÓN DE NADAL NON ASIGNADO NO ORZAMENTO.

bernardo-alfagemeO coordinador local de EU, Rubén Pérez, considera innecesario incrementar casi un 25% o orzamento (pasou de 292.000 en 2013 a 382.000 euros en 2014 a partida de iluminación de nadal) e pide a oposición que audite todas as facturas de empresas privadas neste nadal relacionadas coa decoración, iluminación, xardinería, etc.. e que poden superar ampliamente os 300.000 euros.

EU considera que gastar máis de medio millón de euros nunha rotonda para o barco Alfageme e iluminación de nadal “é un insulto a xestión pública eficiente”.

O coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que moitas grandes cidades do estado están decorando os espacios e vías públicas con solucións imaxinativas e menos costosas que as deseñadas polo actual goberno vigués, algunhas casi “casposas” e que obrigan incluso a personal das contratas públicas e da policia local a un mantemento e vixiancia permanente durante este mes.

EU pide claridade no gasto real destas partidas, auténticos coladeiros de contratos menores sen concurso público, facturas encubertas e “pagas extra navideñas” ás concesionarias privadas.

EU defende a participación veciñal na decoración das rúas con solucións pensadas dende o tecido asociativo da cidade como se fai en moitas capitais europeas. “Pelexar por ver que ten un árbore máis grande é bastante insultante” para unha cidadanía xa cansada de ver despilfarro público e uso arbitrario dos cada día máis necesarios recursos públicos.

ESQUERDA UNIDA considera que o barco e gran parte da memoria histórica pesqueira de Vigo ten que configurarse nun espacio do Museo do Mar, adicado a pesca e a industria transformadora que un día foi a carta de presentación da nosa cidade ante o mundo. Encallalo nunha rotonda, constitúe cando menos unha excentricidade costosa e inutil.

Relacionados