O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez considera que sería máis barato e efectivo enviar unha carta explicativa a tódolos fogares de Vigo utilizando un servicio público como Correos.
Non entende como se no orzamento 2013 hai consignado 3.200.000 euros os dous plans sumen a cantidade de 2.450.000 euros para o de axuda directa ás familias e escasamente 200.000 euros para o de axuda a entidades, o que fai un total de 2.650.000 euros mentres que nos ORZAMENTOS 2013 hai consignada á partida 9140 4890020 3.200.000 euros.
Non é de extrañar que nestes días aparezan en prensa especiais sobre o plan con entrevistas á dúas páxinas ao alcalde e simplemente unha para explicar como acceder ás axudas, engade Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo.
Para ESQUERDA UNIDA se estamos ante un plan de utilidade social o Concello debería ter habilitado a colaboración GRATUITA dos medios onde está publicitando como así o fan en moitos concellos indicando que ese medio colabora gratuítamente na difusión do plan e polo tanto é unha entidade colaboradora. EU considera que o plan é necesario pero non pode ser exclusivamente un espectáculo de autobombo do alcalde de turno cando existen serios problemas de efectividade nos servicios sociais da cidade de Vigo debido a falla de medios, espazos nos que para ESQUERDA UNIDA deben volcarse os recursos públicos.
EU lembra que segundo o INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA en Vigo xa son o 50% os fogares que chegan con dificultade a fin de mes; ao que hai que sumar que outro 12% dos fogares qchegan con moita dificultade a fin de mes, polo que se habilitamos unha liña de axudas públicas, estas teñen que garantir que a maioria dos recursos acaban nas familias e non no ego de alcaldes e corporativos.