O coordenador local de EU Vigo, Rubén Pérez, participará na concentración de traballadores e traballadoras do sector que sae ás 9:30 horas da porta do asteleiro Barreras.
Pola súa banda, o responsable de emprego da executiva nacional de EU e parlamentario de AGE, Juan Fajardo, que participará na concentración de traballadores do sector Asturias, considerou hoxe que “a situación de contínuo engano que as administracións públicas e o goberno están xenerando co sector naval” obriga de novo a parar en tódolos asteleiros privados do estado, nomeadamente na Ría de Vigo”.
Non podemos permitir, engadíu Juan Fajardo, que un sector industrial desapareza ante a inoperancia dun goberno incapaz de negociar ante Bruselas unha saída esperanzadora para as ameazas de anular o antigo sistema de bonificacións no sector naval, o “tax lease”.
EU considera positivo que de novo, como aconteceu fai uns días en Ferrol, a unidade sindical en Galicia e en todo o estado, de froitos esperanzadores para afrontar unha loita pola supervivencia do sector naval, industria que ate fai uns anos era quen de xenerar máis de 12.000 postos de traballo directo en Galicia e miles de indirectos.
Esquerda Unida sigue considerando que a aprobación dun novo tax lease fai uns meses era unha auténtica cortina de fume; xa que non garantir a legalidade do anterior (que operou entre 2002 e 2010 na construción de 273 barcos con bonificacións estipuladas entre 1700 e 2600 millóns de euros) non solucionaba nin evitaba que estas bonificacións fiscais obtidas polo “vello tax lease” non tiveran que ser devoltas por armadores e investidores feito que faría do novo tax lease unha canle non garantista para os actores operativos neste sistema: armadores, entidades financeiras e socios aportadores das Agrupacións de Interés Económico (orixe dos recursos para someter a leasing amortizable á contratación de buques.
Esquerda Unida ten manifestado en reiteradas ocasións que non nos gustaba o sistema do tax lease, que viña a ser un parche ás axudas directas da SEPI ou o fondo de garantía patrimonial de PYMAR, perseguidos dende vello pola comisión de competencia da UE.
Non nos gustaba en primeiro lugar porque era un sistema “embarullado” e que dependía finalmente de investidores especulativos e de entidades bancarias e o polo tanto nun momento de crise financeira poderían desaparecer deixando sen ferramentas de competitividade comercial aos nosos estaleiros.
EU considera que un goberno decente, con esta folga xeral, tería que desafiar abertamente á Comisión Europea como fixo Francia no 2006 e defender o lexítimo dereito a financiar públicamente a un sector estratéxico para a nosa economía como o sector naval.