A Secretaria Xeral de Familia xunto co xerente do Consorcio, comunicou o pasado mércores 11 de novembro a eliminación no 2010 de tres programas que levaban a cabo os traballadores e traballadoras das oficinas I+B. Esta decisión supón o despedimento de 61 persoas que ate agora viñan prestando estes servizos.
O traballo desenvolvido polas oficinas I+B ten un eminente caracter social, como pódese observar no Plan Galego de Inclusión e Plan de Infancia e Adolescencia que traballa a inclusión social e laboral das familias en risco de exclusión, no Plan de Apoio as Familias Tecendo Redes que traballa co colectivo profesional do programa para a Educación Familiar desenvolvido nas administracións locais, ou no Plan de Igualdade que traballa en información, sensibilización e formación en prol da igualdade entre os distintos axentes sociais, forzas e corpos de seguridade do estado, persoal sanitario, asociacións ou centros educativos.
Dende Esquerda Unida opoñémonos radicalmente a eliminación destes programas, xa que logo, non podemos aceptar que o recorte orzamental sexa polo vértice do social.
Así mesmo EU considera que o consorcio estase a exceder ao establecer servizos mínimos do 50%, o que entendemos como un intento de boicotear o dereito a folga.
Gabinete de PrensaSecretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida