Esquerda Unida valora positivamente as manifestacións sindicais de hoxe en Vigo.
Cabe salientar o grupo de manifestantes configurado en torno ás dús pancartas Esquerda Unida. A primeira reivindicaba a xornada semanal de 35 horas e a paralización do recorte das pensións como medidas ineludibles para solucionar o problema do paro; na segunda, baixo o lema de “POLO SOCIALISMO-UNIDADE SINDICAL”, sinalaba o camiño a seguir para sairmos da recesió. Destacaban tamén as bandeiras republicanas, do PCG e unha pancarta XCG recordando os 4.200.000 parados.
Esquerda Unida comparte nas súas propostas alternativas as reivindicacións máis significativas das diferentes organizacións sindicais:
– Cambio de modelo económico para abandodar a economía de casino en favor da economía produtiva, creadora de emprego e sustentable.
– Políticas de protección social.
– Unha reforma fiscal que garanta a progresividade do sistema, fronte á actual práctica do PSOE e PP de rebaixar impostos ás grandes fortunas.
– Mantemento do sistema de pensións.
– Oposición á chamada “Reforma Laboral” que dende os medios inimigos de clase se trata de impulsar.
Gabinete de Prensa Secretaría de Comunicación Executiva Comarcal de Esquerda Unida