O pasado mércores 6 de abril, Esquerda Unida de Vigo mantivo unha nova xuntanza enmarcada no marco da Elaboración colectiva do programa desta formación coa ONGd Educación sen Fronteiras
Asistiron por parte de Esquerda Unida, Rubén Pérez, candidato a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais e Nair Rodríguez, Responsable da área de Muller en Vigo; e por Educación sen Fronteiras, Txus Lence, voluntaria e Miguel, técnico da Campaña Mundial pola Educación.
Educación sen Fronteiras explicou as súas campañas e programas no eido da educación.; especialmente a Campaña Mundial pola Educación que, xunto con outros colectivos sociais e ONGDs, pretende a sensibilización da clase política e da opinión pública sobre a importancia da educación das mulleres e nenas e a necesidade de actuar de manera urxente, posto que todavía os dous tercios de persoas adultas sen alfabetizar son mulleres; e dos 69 millóns de nenos e nena sen alfabetizar no mundo, o 54 % son nenas.
Esquerda Unida trasladou o seu programa en relación a cooperación, sensibilización e servizos sociais que conta entre outras propostas coa creación dunha Casa da Solidariedade para a realización de actividades, reunións e que funcione como lugar de encontro para as diversas organizacións e asociacións de solidariedade e cooperación da cidade; e a urxente habilitación dun albergue nalgún dos diferentes inmobles que o Concello ten na cidade en total inactividade.
Por outra banda, tanto Esquerda Unida como Educación sen Fronteiras expuseron a súa preocupación entorno o rídiculo investimento dun 0,022 % do orzamento do Concello de Vigo destinado á cooperación ao desenvolvemento, cifra que está moi lonxe do 0,7 % establecido e da media española nos municipios de población e orzamento similar
ao concello de Vigo.
Finalmente, EU Vigo emprazounos a colaborar cun listado propostas que poidan enriquecer a elaboración colectiva do programa electoral.