O pasado venres día 6 de Maio Esquerda Unida mantivo unha xuntanza coa Asociación pola loita dos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais “Nós Mesmas” no ámbito da elaboración colectiva do programa de EU.
As representantes de Nós mesmas explicaron o traballo de sensibilización que levan a cabo e a loita pola visibilidade das mulleres lesbianas, moito menos aceptadas socialmente que os homes homosexuais. Así, referiron o problema que isto implica inclusive a nivel sanitario, polo descoñecemento dalgúns profesionais das prácticas sexuais nas relacións entre mulleres que se traduce na imposibilidade de que estas persoas reciban educación en materia de hábitos sexuais saludables, prevención de ETS e revisións de saúde axeitadas.
Por outra banda, denunciaron a clara existencia de discriminación lesbofóbica a nivel social, os problemas administrativos que se atopan as persoas transexuais e as dificultades que teñen tanto a súa organización, coma outras do ámbito LGTBI para poderen traballar dignamente loitando polos seus dereitos, xa que as axudas institucionais son moi escasas ou a miúdo inexistentes e habitualmente atopan atrancos á hora de dispor de lugares onde realizar as actividades da asociación.
Neste senso Esquerda Unida, a través de Rubén Pérez, plantexou a súa proposta da contrucción dunha “Casa de Solidariedade” onde os colectivos de este ámbito e moitos outros poidesen levar a cabo a súa actividade (de oficina, salas para eventos formativos…) coma sucede noutros concellos españois.
Ademáis EU propón a elaboración dun plan contra a discriminación por razón de sexo ou orientación sexual nos centros escolares coordinado polas institucións locais e impartidos por entidades e colectivos LGTBI para desenvolver o coñecemento da diversidade sexual. Punto moi importante, no que coincidiron as representantes de Nós Mesmas, xa que igual que EU, cosideran que a educación dende a base é clave para a concienciación das persoas. Para educación da sociedade en xeral, EU propuxo a realización de campañas formativas.
Rubén Pérez expuxo que as discriminacións por razón de opción sexual deberían ser penadas por unha Lei contra a LGTBI-fobia e retirar as axudas ou subencións a aquelas entdiades que a promovan.
No tocante ás persoas transexuais, a proposta do programa inclúe as medidas orientadas a favorecer a integración social e laboral e combater o rexeitamento que padecen.
Nós Mesmas referiu a súa satisfacción co programa de Esquerda Unida no ámbito dos dereitos das persoas homo,bi e transexuais e recalcou a importancia de que estas propostas se leven á práctica no Concello de Vigo, algo que a nivel federal, Izquierda Unida leva facendo dende fai moitos anos, sendo a Área de Libertade de Expresión Afectivo-Sexual unha das máis activas e con máis recorrido en EU.
Por último, Esquerda Unida invitou á Asociación Nós Mesmas a continuar partcipando tanto na elaboración programática como en actividades e colaboración a longo plazo.