O coordenador local de EU e candidato á alcaldía de Vigo, Rubén Pérez, considera repulsiva a polémica sobre as lóxicas limitacións de Xunta Electoral ao emprego das institucións como plataforma electoralista dos partidos e recorda que os catro anos desta práctica do bipartito teñen que desaparecer por decencia política.
ESQUERDA UNIDA, lembrou Rubén Pérez, practica a austeridade como parte esencial dunha esquerda que se dí anticapitalista, evitando que sexan os cidadáns os que paguen (cunha parte sensible dos orzamentos do estado destinados aos partidos) campañas abusivas que converten as insititucións en plafaformas de políticas clientelares e de gasto abusivo en autorepresentación.
ESQUERDA UNIDA defenderá a reducción dun 70% nos gastos de representación a autobombo deixando estos somentes aos necesarios para a promoción externa da cidade e os estrictamente necesarios para a divulgación de servicios.
Con prácticas como as actuais PSOE, PP e BNG colocánse no bando das políticas que a esquerda ten que erradicar e combatir.