EU UNIDA ACUSA A XUNTA DE GALICIA DE OSTRACISMO INFORMATIVO AO NON DAR PULO DOS RESULTADOS DO INFORME QUE ENCARGOU AO INSTITUTO DE SILICOSE DE OVIEDO
ESQUERDA UNIDA ESIXE A XUNTA DE GALICIA QUE FAGA PÚBLICO O INFORME DESENVOLVIDO QUE, AO PARECER, CONCLÚE QUE O 8% DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO SECTOR DA LOUSA PADECEN SILICOSE
O eurodeputado de Esquerda Unida, Willy Meyer, presentou unha interpelación ante a Comisión Europea para promover medidas de protección dos traballadores e traballadoras do sector da lousa e para instar á Unión Europea a que se pronuncie ante a falta de publicación por parte da Xunta de Galicia do estudo realizado polo Instituto de Silicose de Oviedo que revela un aumento dos casos de silicoses.
“No Val de Valdeorras, en Ourense, miles de postos de traballo estiveron vinculados á extracción e transformación do mineral de lousa. Estes traballadores e traballadoras sufriron e sofren exposición ao po de sílice, cristal que inhalan sen as medidas de protección apropiadas e que se acumula nos pulmóns, chegando a provocar insuficiencia respiratoria. Así mesmo, dáse a circunstancia de que a enfermidade só se detecta a partir duns oito anos de exposición. Varias louseiras pecharon recentemente. Á perda do emprego, hai que engadir que non se determinou o grao de afección de silicose no momento de quebra da empresa, o que imposibilita que en caso de padecer a enfermidade no futuro o traballador poida alegar que se debe á súa actividade no sector da lousa. Do mesmo xeito, este non dispón de coeficiente reductor de face á xubilación.
Segundo diversas informacións, fai uns meses a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria encargaron un estudo ao Instituto de Silicose de Oviedo o cal, ao parecer, conclúe que o 8% dos traballadores do sector padece silicose, o que suporía un aumento na afección da enfermidade, ante a carencia de medidas preventivas. No entanto, este estudo non foi publicado, a pesar da petición de diversos sindicatos.
Dado que o dereito á saúde obriga aos Estados a xerar as condicións nas que todos poidan vivir saudablemente, segundo estipula o artigo 12 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de Nacións Unidas, cónstalle á Comisión se as autoridades españolas adoptaron as medidas pertinentes de protección de traballadores expostos ao po de sílice? En caso afirmativo, pode informar en que consisten?
Dado que a directiva marco 89/391/CEE, relativa á aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e da saúde dos traballadores no lugar de traballo, establece a obrigación de informar aos traballadores, consultarlles e permitir a súa participación no marco de todas as cuestións que afecten á súa seguridade e á súa saúde, non considera a Comisión que a Xunta de Galicia debería facer público este informe?”
Gabinete de Prensa Secretaría de Comunicación Executiva Nacional de Esquerda Unida