ESQUERDA UNIDA PRESENTOU HOXE UN MANIFESTO POR UN CONCELLO DE VIGO CON CONTRATACIÓN PÚBLICA TRANSPARENTE.

Militantes e simpatizantes de ESQUERDA UNIDA de VIGO celebraron hoxe diante do concello un acto simbólico para defender unha política de contratación laboral transparente e democrática no concello de Vigo. Ataviados con máscaras brancas ejemplificaron a idea de que “ante o concello todos somos iguais”.

O candidato de ESQUERDA UNIDA á alcaldía de Vigo Rubén Pérez deu lectura a un manifesto que recolle as propostas sobre contratación pública municipal de EU. O manifesto recolle as seguintes ideas:

“En 1979 este concello de Vigo viviu un proceso electoral no que concurriu unha das forzas que hoxe compoñen ESQUERDA UNIDA, o Partido Comunista de Galicia. Esta forza levaba entre a súa propaganda electoral un cartel no que se leía o lema: ENTRA NO CONCELLO. SACA OS ENCHUFES, un lema que hoxe 33 anos sigue tendo perfecta vixencia política.

• Porque 33 anos despois seguimos tendo un concello sen contratación laboral transparente e obxectiva.

• Porque 33 anos despois non temos seguridade de que accedamos todos e todas en igualdade de oportunidades: por méritos obxetivos como a preparación ou polo coñecemento avaliado mediante proba técnica, non pola afinidade política ou familiar.

• Porque 33 anos despois seguimos denunciando unha Oferta Pública de Emprego na que non todos os homes e mulleres da nosa cidade parecen ter as mesmas oportunidades.

• Porque a contratación directa dende os partidos políticos presentes na corporación é cada día mais inxente e inxusta. Porque defendemos impedir esta contratación para os procesos municipais quedando exclusivamente relegada ás asesorías internas de carácter político dos grupos municipais.

• Porque contratas municipais seguen empreñando horas extras sen se que se esixa no plego da concesión a eliminación das mesmas para xenerar máis emprego e menos beneficio que acaba na economía especulativa.

• Porque 33 anos despois non se teñen evaluado as potencialidades de ter un sector público municipal forte e activo fronte a crise do sistema capitalista.

• Porque ante un concello todos e todas temos que ser iguais.

Porque 33 anos despois ti podes entrar no teu concello e sacar os enchufes votando a ESQUERDA UNIDA.”

[youtube http://www.youtube.com/watch?v=PHZG6VCYqRs&w=425&h=349]

Relacionados