ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA PROPOSTA DE MOCION NO CONCELLO INSTANDO A MODIFICAR A LEXISLACIÓN PARA QUE A IGREXA CATÓLICA PAGUE O IMPOSTO DE BENS INMOBLES

Terreos do polideportivo en Sárdoma que o Obispado de Vigo pretendía recuperar tras unha doación de fai 30 anos para cobrar un aluguer de 850 euros ao mes

Rubén Pérez lembra que en Italia a Igrexa xa comenzou a pagar impostos sobre as propiedades e que en España esta “detracción” supón 3.000 millóns de euros menos ás arcas do estado. Fronte ao que moitos pensan case ningún servicio que presta á igrexa se fai sen afán de lucro na nosa cidade, exceptuando Cáritas e algún servicio social. Está contrastado que residencias de anciáns, conventos e mesmo alugueres de espacios eclesiásticos realizan notables ingresos directamente dos recursos dos beneficiarios (cobro de pensións,) ou mesmo de herdanzas “suculentas”

Para EU se a igrexa está preocupada pola situación de “emerxencia social” que vive a cidadanía a mellor aportación que pode facer é pagar impostos como eles, lembrando que este ano en Vigo os incrementos do IBI son máis dun 13% para todas as familias independentemente dos recursos.

Para Rubén Pérez é unha “burla” a toda a cidadanía que “o maior propietario de bens inmobles non pague o IBI, porque se establece un privilexio intolerable entre os que pagan e os que non”. A moción de EU incide na reforma do marco de financiamento das igrexas e resaltou que nunha situación na que se recortan todas as achegas a organizacións non gobernamentais, sen ánimo de lucro, sindicais e políticas, “a Igrexa é a única que non viu recortada a súa asignación”.

O Coordinador de EU explicou que o financiamento dependente dos poderes leva contraprestacións e que “a proximidade da xerarquía católica aos poderes públicos condiciona a posición como consecuencia da dependencia económica”. Nós consideramos, engadíu Pérez, que o mellor é un financiamento similar á que se produce en Alemaña onde existe un imposto do 0,7% que non se detrae da caixa común do IRPF, senón que se suma ao que xa pagan quen marcan a casa correspondente. “Iso esixe un compromiso aos crentes, concede absolutamente independencia a todas as igrexas e respecta a aconfesionalidade do estado”,

É un feito curioso que o artigo 62 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, fala das exencións do IBI. E no punto c di que estarán exentos “Os da igrexa católica, nos termos previstos no Acordo Español e a Santa Sé sobre Asuntos Económicos de 3 de xaneiro de 1979, e os das asociacións confesionais non católicas legalmente recoñecidos, nos termos establecidos nos respectivos acordos de cooperación subscritos en virtude do disposto no artigo 16 da Constitución”. Esta exención total e permanente da contribución territorial urbana afecta a templos e capelas, residencias de bispos e sacerdotes, oficinas, seminarios e conventos.

Relacionados