Esquerda Unida presenta o seu programa electoral apelando a que os programas sexan “Contratos Sociais” coa cidadanía

Máis de 100 propostas programáticas de EU foron incorporadas ao programa de EU despois de ser propostas por colectivos sociais e cidadáns da nosa cidade.

Rubén Pérez (cabeza de lista de EU ao Concello de Vigo) e Carlos Núñez (nº 7 da lista e exconcelleiro do PCG en Vigo) suliñaron a importancia que o programa ten para EU como garante de que as políticas que se presentan a cidadanía se leven a cabo. E esquerda ten quear. Carlos Núñez apelou a que a esquerda teña posicións políticas claras, que a cidadanía identifique claramente coa esquerda alternativa e transformadora para posicionar ideológicamente as propostas e pedíu que as forzas políticas teñan corresponsabilidade co que propoñen.

ESQUERDA UNIDA, engadíu Rubén Pérez; presenta este programa recollendo propostas históricas dos programas electorais de EU durante estes 27 anos de historia da formación de esquerdas na cidade, propostas que van dende a remunicipalización de empresas públicas privatizadas: auga, transporte, residuos… ate a creación de novas empresas públicas nos sectores primarios da nosa cidade: agricultura e sector forestal, para dar emprego estable e de calidade aos centos de vigueses e viguesas.

O candidato de EU recordou que ningún dos partidos que se presentan presentaron o seu programa salvo pequenos anuncios á prensa. Esquerda Unida, suliñou Rubén Pérez presenta un programa por escrito que aborda 7 eixos principais:

  1. VIGO COMO MUNICIPIO QUE XENERA EMPREGO
  2. MÁIS RECURSOS PARA UN CONCELLO MÁIS FORTE
  3. POR UN CONCELLO DEMOCRÁTICO E PARTICIPATIVO
  4. POR UN VIGO CON SERVICIOS PÚBLICOS DE CALIDADE
  5. VIGO POLO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
  6. POR UN MUNICIPIO GARANTÍA DE IGUALDADE
  7. POR UN CONCELLO CON MEMORIA HISTÓRICA E REPUBLICANO

Relacionados