ESQUERDA UNIDA PIDE UNHA COMISIÓN MUNICIPAL DE SEGUIMENTO E CONTROL DOS CONVENIOS DO PLAN DE EMPREGO E QUE REMATE O ACOSO E CHANTAXE AO MOVEMENTO VECIÑAL POR PARTE DO CONCELLO

Concello_de_VigoPara o coordenador local de EU, Rubén Pérez, o “acoso” á FAVEC demostra que dende o concello erase perfectamente consciente de que a fórmula dos convenios era un instrumento de “control e amenaza permanente” ao movemento veciñal. Para EU “confirmase a denuncia que fixemos dende o  primeiro momento da aparición de estas fórmulas de reparto de diñeiro público de partidas de emprego e califica de arbitrarios os requisitos que dende o concello se reclaman á FAVEC fronte a outras asociacións que recurriron aos convenios dende fóra da federación veciñal.

Rubén Pérez pide que “a totalidade dos convenios” señan sometidos a auditoria pública e non descarta que EU leve os “máis sospeitosos” á fiscalía xa que a fórmula de argumentar emerxencia social para sustituir concurso público por convenio é para EU sospeitosa. Coincide con ANOVA en que o acoso á federación veciñal é parte dunha estratexia de control do movemento veciñal.

EU lembra que as propostas de contratación, que evidentemente foron feitas sen un criterio de contrato público en moitos casos, eran propostas polo movemento veciñal e aprobado polo Concello que “non puxo ningunha pega ás mesmas”.

EU nunca defendeu que postos de traballo do plan de emprego sexan creados por entidades como AAVV, sindicatos ou asociacións baixo esa fórmula a CONVENIO PÚBLICO, xa que entendíamos que tiñan que realizarse as contratacións de acordo cos criterios de oferta de emprego público e que o propios convenios firmados tiñan que recoller os criterios de selección, o xurado que realizaría a mesma, e os requisitos e prazos para presentar a candidatura o interesado ou interesada. Nada de iso figuran nos mesmos polo que a responsabilidade non é das asociacións senón do concelleiro de participación cidadá e emprego que asinou e redactou a fórmula do convenio.

EU denunciaba en 2012 que descoñecíamos en que plataforma informativa se publicitaran os centos de postos de traballo ofertados por asociacións de veciños, sindicatos e mesmo asociacións particulares, en base aos ingresos económicos procedentes de convenios asinados co Concello de Vigo. Agora o goberno local pretende culpabilizar ao movemento veciñal dunhas normas que eles redactaron e que mesmo orientaban de xeito directo a cumprir.

ESQUERDA UNIDA considera que “hai que rematar xa con este modelo caciquil de convenios” e apostar pola creación de emprego público mediante contratación directa do concello ou a creación de empresas municipais como ten reiteradamente defendido: Empresa Municipal de vías de obras, empresa municipal de vivenda, de servizos sociais etc…

EU pide que esa comisión municipal analice os convenios e que se redacte un novo sistema de xestión dos plans de emprego público. Como proposta para o mesmo, e dende o convencemento de que as políticas activas de emprego son imprescindibles no eido local EU fai unha proposta de regulamento para o debate (adxuntamos a mesma).

PROPOSTA DE PROCESO SELECTIVO PARA O PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL
PROPOSTA DE PROCESO SELECTIVO PARA O PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL

Relacionados