EU considera que se un autobús de VITRASA con limitador de velocidade no seu motor deu unha lectura de 130 km en Valladares hora moitos dos 900 multados estes meses no rural por exceso de velocidade poden ser perfectamente erros de medición. O afán recadatorio que empezou este goberno municipal para conquerir eses 4 millóns de euros que orzamentan en 2012 non debería ser a costa de ineficiencias técnicas según EU.
EU cuestionase se os radades municipais de Vigo teñen algún tipo de CERTIFICACIÓN ou HOMOLOGACIÓN en canto a evaluación do sensor e a fiabilidade da velocidade. Igualmente considera que o Concello debe informar no Pleno dos mantementos dos dispositivos nos últimos anos ante as denuncias de moitos conductores e conductoras de erros na lectural dos mesmos.
EU lembra que a lei de Tráfico no seu artigo 6.5. establece como falta grave que un conductor leve algún dispositivo que faga funcionar de xeito anómalo o radar polo que sería surrealista que a propia administración local, por falla de mantemento ou prevención, este permitiendo este mal funcionamento.
EU considera evidente que unha comisión técnica municipal debería evaluar se existe o mal funcionamento unha vez recibido un informe de unha empresa autorizada externa e, revisando as datas, decidir se son ou non certas as denuncias por exceso de velocidade que se incrementarion notablemente estes meses.