ESQUERDA UNIDA PIDE QUE SE PUBLICITEN ADECUADAMENTE E INCREMENTEN AS AXUDAS Á INSPECCIÓNS TÉCNICAS DE EDIFICIOS ANTE A CAMPAÑA DO ITE 2011

Reclama unha oficina permanente de atención cidadá na xerencia de urbanismo ante o inicio do plazo legal para realizar a inspección ante a evidencia de que moitos veciños e veciñas descoñecen a existencia de axudas económicas. EU pide que o ITE sexa gratuíto e asumido polo Concello para familias con ingresos menores que o SMI ou con todos o seus membros en desemprego.

ESQUERDA UNIDA sigue considerando inxusta e pouco meditada a ITE xa que en Galicia seguramente os edificios dos anos 70 e 80 que pasan revisión este ano están infinitamente mellor construídos que os da década do 2000, cando o sector especulativo inmobiliario empezou a construir con estándares de calidade moi baixos. EU considera especialmente surrealista a ITE en moitos edificios do rural construidos con muros de carga de pedra e que son hoxe infinitamente mellores que os actuais. Nestes casos, o feito de que as vivendas sexan unifamiliares fai que o custe da ITE sexa especialmente custoso para as familias.

Esquerda Unida considera a ITE como un mero sistema racaudatorio e de compesar as pérdas económicas de sectores como o dos arquitectos ou da construcción e lembra que perfectamente poderíase ter artellado unha empresa pública de vivenda que asumise esa tarefa abaratando sensiblemente o custe desta inspección as familias da nosa cidade. EU sigue sen entender porque a devandita ITE ten que realizarse mediante “profesionais independentes legalmente facultados” cando o debantido informe ten que ser tamén presentado no Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo.

EU considera inaplazable que o concello artelle una I.T.E semellante para os edificios abandonados e que de negarse o dono a súa rehabilitación pasen a ser expropiados e incluidos nun parque público municipal de vivenda de aluguer.

Relacionados