ESQUERDA UNIDA PIDE QUE O TELÉFONO DE INFORMACIÓN DE AQUALIA SEÑA GRATUITO E O PLAN DE INVERSIÓNS INCLÚA UNHA PARTIDA SOCIAL QUE EVITE OS CORTES DE AUGA ÁS FAMILIAS SEN RECURSOS

Pide que o Concello “audite de xeito permanente” o servizo de Aqualia que está obtendo beneficios sen inversión social equilibrada cos mesmos.

EU de Vigo considera evidente que Aqualia está facendo o que quere coas cláusulas do plego de contratación, non existe nin control das inversións prometidas e mesmo as liñas de teléfono de información teñen custe para o usuario. EU considera que como servizo público debería xestionarse dentro do tlf 010 de información municipal sen custe algún.

Igualmente duda da utilidade para o servizo de auga potable e saneamento de inversións da empresa en “embelecemento da cidade” e considera que debería empregar recursos en “políticas sociais activas de asegurar o suministro do servizo ás familias que quedan sen recursos e se lle corta a auga potable”. Nestes casos dende a empresa so se lles da pequenas moratorias de tempo que non solucionan o problema na maioría dos casos.

EU sigue defendendo a revocación da ampliación da concesión e recolle sinaturas na cidade para someter a consulta cidadá a mesma. “Miles de vigueses e viguesas están avalando coa sua firma unha xestión pública e social da auga na nosa cidade” suliña Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo

Relacionados