ESQUERDA UNIDA PIDE QUE O PLENO DO CONCELLO PIDA E PUBLICITE O DESGLOSE DA CONTABILIDADE DAS ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS MUNICIPAIS

PARA EU ESTA INFORMACIÓN DEBERÍA SER PÚBLICA E INCLUÍDA NA DOCUMENTACIÓN EXPOSTA NA WEB MUNICIPAL

Concello_de_VigoEU lembra que a Lei Reguladora de bases de réxime local xa obriga aos grupos municipais a levar unha contabilidade específica de dotación económica que se lles asigne que “porá a disposición do Pleno da Corporación sempre que este o solicite”. Polo tanto se o Pleno non o solicita descoñécese esta contabilidade públicamente.

Sería bo que a cidadanía coñecera esta para evitar a sospeita contínua que a cidadanía expresa sobre estos recursos públicos e que lamentablemente viuse confirmada no caso do grupo municipal socialista do Concello de Ourense.

Considera que o Concello debe garantir que con estes recursos “non se está a pagar outro tipo de cousas que non señan as estrictamente recoñecidas pola lei” evitando que dita cantidade seña destinada ao pagamento de remuneracións de persoal, á adquisición de bens que constitúan activos fixos patrimoniais, ou mesmo a actividade orgánica interna dos partidos.

EU lembra que entre a constitución dos grupos en 2007 e a de 2011 esta asignación elevouse case un 10% no caso do PSOE, dun 2% no caso do BNG e diminuíu un 8% no caso do PP por decisión propia neste caso do propio partido. Considera que este montante, unido ás retribucións do alcalde e dos concelleiros (Alcalde 65.220,01 €, Dedicación exclusiva 56.141,23 €, Dedicación parcial de 26 horas 38.761,20 €, Dedicación parcial de 19 horas 28.070,62 €, Dedicación parcial de 9 horas 13.648,65 €) suma un importe o suficientemente considerable para que seña desglosado ao miúdo na web do concello como forma de transparencia e a fin de evitar suspicacias ante o exemplo nefasto que estamos a sufrir no Concello de Ourense.

EU non entendo como nun contexto de crise brutal en 2011 e atendendo ao previsible recorte de recursos económicos e públicos os grupos non fixeron un esforzo de “austeridade” real, a do PP, solicitando unha rebaixa do 30% foi puramente publicitaria fronte a unha realidade de mantemento innecesario das dedicacións exclusivas e parciais.

Na actualidade o PP recibe 39.150 euros, o PSOE 36.050 e o BNG 23.650 por acordo plenario sen que dende 2007 se solicitara públicamente a contabilidade destas partidas en pleno.

Relacionados