ESQUERDA UNIDA PIDE MÁIS INSPECTORES TRIBUTARIOS E QUE OS TÉCNICOS DE FACENDA TEÑAN MÁIS CAPACIDADE LEXISLATIVA EN MATERIA DE INSPECCIÓN NAS EMPRESAS

EU dí que o fraude detectado en varias empresas da comarca é o “pan noso de cada día” en centos de empresas viguesas e pide un control sobre o Imposto de Sociedades e o IVA porque moitas empresas están falseando os libros contables para xustificar despidos e ERES.

ESQUERDA UNIDA lembra que son os propios traballadores de facenda os que piden reforzar a inspección tributaria na mediana e gran empresas (onde está o 87% do fraude fiscal no noso país) que supón un equivalente anual defraudado do 24% do PIB español.

O coordenador local de EU Rubén Pérez considera “moi habitual” actuacións como as que sinalan hoxe os medios locais, recorda que o IVA é o imposto que os empresarios sen escrúpulos defraudan máis habitualmente e que ese fraude afecta de xeito negativo aos concellos porque gran parte dos ingresos que reciben provén da cesión do IVA que fai o goberno central. En Vigo hai un ingreso á baixa desta cesión que pode supor un 30% de merma e que afecta negativamente aos servizos que dá o concello: axudas á libros e comedor, garderías, programas de emprego…

Rubén Pérez lembra que se tivésemos un fraude fiscal na media europea (11-13% do PIB) en vez da sangría actual 23% o estado tería recursos suficientes para non ter que facer recortes nin en sanidade, educación ou prestacións sociais.

GESTHA, o sindicato de técnicos de facenda, ten denunciado en múltiples ocasións que máis de 50.000 millóns de euros anuais son defraudados por empresas no noso país mentres que pequenos empresarios, autonómos e traballadores son sometidos a unha presión fiscal notable.

Relacionados