Esquerda Unida cree que o “sobreprezo” que tivemos que pagar pola infraestructura: orixinariamente cun proxecto de de 85,7 millóns (proxecto orixinal aprobado polo Goberno local en outubro de 2006) e que tivo un orzamento final de 154,5 millóns de euros, xustifica xa o rescate sen dar “un euro” á concesionaria. Lembra que a ampliación da concesión era como compensación por reducir o espazo privado do complexo nun 20% pero o sobrecuste brutal da construción compensaría esta desviación.
EU non entendía como no seu día unha UTE entrou a xestionar unha instalación pública con prezos que eran prohibitivos ate para o propio Concello que en ocasións derivou actos ao centro social caixanova simplemente por “prezo”. EU lembra que o Concello somentes tiña 3 días gratuitos ao ano para actividades polo que a inversión pública tanto da Xunta como do propio concello quedaba supeditada ao negocio da empresa explotadora do edificio.
EU sigue defendendo que Vigo precisa dun gran CENTRO SOCIAL E CULTURAL unha vez dinamitada as obras sociais das Caixas. Apostamos por que este centro sexa o edificio da actual panificadora, xuntando a vella idea de CASA DA SOLIDARIEDADE (edificio colectivo con oficinas e espazos de usos múltiples para as ONG´s e asociacións de Vigo) a de CULTURAL E SOCIAL e a nosa proposta de crear un ATENEO en Vigo como funciona de xeito exemplar en cidades como Madrid e Barcelona.
Remunicipalizar o AUDITORIO MAR DE VIGO significaría poder establecer un criterio máis amplo de tasas por uso do auditorio en base a realidade de que a maioría das asociacións veciñais, sindicais, políticas e culturais da cidade non podían facer fronte a tasas dunha empresa privada por enriba dos 1000 euros por media xornada. Un prezo público e realista significa que os centos de actos sociais da cidade que se realizan noutros espazos pasarían a realizarse neste espazo público, dinamizando o auditorio nun tempo en que os congresos profesionais ou grandes eventos artísticos sufren unha diminución importante en todo o estado (neste último caso pola subida do IVA do sector cultural).
EU considera que “xa está ben” soterrar cartos públicos en reflotar unha concesionaria e un espazo mal concebido dende o principio.