EU lembra que a “demolición orquestada” dende o Concello da actividade de Proxecto Gato está causando eivas gravísimas na protección nas colonias de gatos na nosa cidade. “Ningunha obra pública ou privada está sobre o dereito a vida animal, algo que parece non entender este goberno municipal”
EU lembra que estas casetas, postas por voluntarios de xeito altruísta, dan protección a máis de 90 animais e están ameazadas polas obras que entre a Praza do Rei e o terreo da antiga panificadora se están a realizar
O fin do convenio con Proxecto Gato para EU está supoñendo a concreción dunha política de protección animal desastrosa, a gateira da protectora da Madroa parece un mero “almacén pre-extermino” de animais e aumentan as colonia de gatos sen esterilizar na cidade, non existindo actualmente un censo, ou un control reprodutivo e sanitario do estado das mesmas
ESQUERDA UNIDA pide ao Concello que paralice de inmediato as obras e que a Concellaría de Medio Ambiente traslade de xeito ordenado e con protocolos de actuación adecuados as directivas de protección animal os felinos a un lugar seguro e con control veterinario