CON UN DE CADA CATRO VIGUESES E VIGUESAS DA FÓRA DO MUNDO LABORAL ESTA FOLGA XERAL DO 14N TEN QUE SER POR FORZA TAMÉN SOCIAL. NON PODE SER UNHA FOLGA ESTRITAMENTE LIGADA AOS CENTROS DE TRABALLO, OBRIGATORIAMENTE TEN QUE ESTAR SUSTENTADA NOS ESTUDANTES, XUBILADOS E PENSIONISTAS, AUTÓNOMOS, ETC..
ESQUERDA UNIDA será un catalizador social desa necesaria unión entre o mundo do traballo, da cultura, do ensino, da militancia social e veciñal para que a folga do 14N sexa un éxito do cal partir para recuperar os dereitos laborais destruídos polos sucesivos gobernos do PP e do PSOE.
ESQUERDA UNIDA felicítase da unidade sindical conquerida e pide que se fagan esforzos de seguir no traballo unitario con organizacións sindicais como a CUT, SF, STEGA, etc… que tamén van xogar un papel importante nesta convocatoria de folga.
Os deputados de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA por Pontevedra dentro da coalición ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA, Juan Fajardo e Eva Solla xunto coa militancia de ESQUERDA UNIDA, traballaran nestes días previos e no mesmo día da Folga para que a convocatoria sindical sexa todo un éxito, exercendo de xeito responsable ese mandato das urnas o pasado 21 de outubro de “parar as políticas de dereitas” que a cidadanía expresou colectivamente co seu apoio as candidaturas de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA.
ESQUERDA UNIDA participará colectivamente con pancarta propia e coa presencia de Yolanda Díaz (viceportavoz do grupo parlamentar no Hórreo) na manifestación que sairá ás 11.30 horas da Praza de España en Vigo.