ESQUERDA UNIDA, O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA E A XUVENTUDE COMUNISTA, PIDEN A MOBILIZACIÓN DA CIDADE DE VIGO EN DEFENSA DA SÚA INDUSTRIA.

cartel_industriaAs tres forzas apoian a mobilización convocada por CCOO en Vigo o domingo 9 de Novembro, e consideran crítica a situación do emprego e do futuro do sector industrial.

EU, PCG e XC consideran extremadamente graves os anuncios de EREs, recortes salariais e en dereitos laborais que están a anunciarse veladamente, ou de xeito formal, en empresas como PSA, Gestamp, etc… que xustifican a convocatoria inmediata de folgas e mobilizacións nos centros de traballo.

Os replantexamentos de modelos productivos no sector da automoción, nomeadamente o abandono do sistema de fabricación just-in-time, que obrigaba a ter os proveedores ubicados xeograficamente no entorno das plantas, aceleran a deslocalización que xa viñamos sufrindo a clase traballadora, xunto con outras medidas, propiciadas pola reforma laboral, que están a destrozar as relacións laborais, e invalidando a capacidade da negociación colectiva.

Por outra banda, estase a cronificar a precariedade no sector naval, dada tanto pola represión sindical mediante “listas negras” nalgúns asteleiros, como pola ausencia dunha política fortalecedora do sector naval no seu conxunto, xa que a que se está a aplicar, fomenta unha competitividade entre as empresas do sector en canto os custes, recortando éstas polo tanto, en custes e dereitos laborais, utilizando tamén todas as ferramentas precarizadoras aportadas na reforma laboral.

A continua perda de peso do sector industrial de Vigo, e a masa asalariada vinculada a éste, está repercutindo na economía da cidade, especialmente no sector servizos, no consumo, etc. polo tanto, a loita pola defensa do tecido industrial da cidade e o futuro da mesma, é unha responsabilidade colectiva.

PCG, EU e XC fan polo tanto un chamamento á mobilización convocada este domingo pola defensa da industria con emprego e con dereitos que sairá as 11:30  do cruzamento entre Urzaiz/Vía Norte.

Relacionados