Esquerda Unida mantivo unha xuntanza con CCOO de Vigo para trasladar a súa defensa dun Vigo comprometido có emprego e os dereitos laborais

Rubén Pérez, cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA ao Concello de Vigo mantivo hoxe unha xuntanza coa executiva comarcal de CCOO de Vigo e membros das distintas federacións do sindicato. O acto, que transcorreu nos locais sindicais de CCOO de Vigo estivo presentado polo secretario comarcal de CCOO de Vigo, José Cameselle.

 No acto Rubén Pérez, que tamén é delegado de CCOO no seu centro de traballo trasladou a necesidade de reforzar o sindicalismo de clase na comarca nun momento en que o goberno e a patronal pretenden dar unha volta de torca no axuste de dereitos sociais e laborais. Rubén Pérez expuso a proposta programática de ESQUERDA UNIDA centrada nos eixos de creación de emprego dende o sector público municipal e a democratización do concello coa proposta de orzamentos participativos, transparencia e defensa da igualdade social e de acceso laboral aos empregos públicos.

 Tanto CCOO como ESQUERDA UNIDA valoraron a necesidade de que os concellos que saian do 22 m sexan concellos con cor política progresista e que non sexa á dereita a alternativa que apoien os traballadores e traballadoras como alternativas as políticas actuais do goberno.

Rubén Pérez animou ás mulleres e os homes de CCOO a apoiar a EU como garante da presenza no Concello dunha forza leal ao sindicalismo de clase, un apoio ante os retos e conflitos que futuriblemente sofreremos na nosa cidade e para dar unha nova cor e trasparencia a un Concello de Vigo cansado do tripartidismo.

Relacionados