ESQUERDA UNIDA LAMENTA O FALECEMENTO DA NOSA COMPAÑEIRA MARIA LUISA FERNÁNDEZ, ACTIVISTA SOCIAL E CANDIDATA Á ALCALDÍA DE VIGO POR EU EN 2007

maria-luisaO coordenador local de EU Rubén Pérez, lamentou hoxe o falecemento da compañeira Luisa, figura referencial de moitos movementos sociais de Vigo nos que participou activamente: Comités anti-sida; o IMAN, a Marcha Mundial das Mulleres, etc..

Para o coordenador local de EU en Vigo: “Luisa ensinounos a toda unha xeración de mozos e mozas que nos incorporáramos á militancia política nos 90 que esta non tiña sentido sen unha interlocución sinceira e activa co tecido social”. Foi mestra no laboral pero tamén mestra de todos os homes e mulleres de EU. O cariño e a vontade de buscar espazos comúns para todos as forzas de esquerda da cidade foron sen dúbida o mellor dos piares que ela nos deixou e que hoxe fortalecen o proxecto da esquerda transformadora na nosa cidade.

Mestra. Natural de Monforte, residía en Vigo dende o ano 79. Militou no PC dende o ano 72 e en Esquerda Unida dende a sua formación. Foi militante activa no colectivo vigués antisida (IMAN) e no movemento feminista, nomeadamente no Colectivo Violeta e na Marcha Mundial das Mulleres. Membro tamén da Asociación de axuda ós presos Concepción Arenal.

O coordenador local de EU lembra o compromiso militante de Luisa, que en tempos difíciles para a organización non dubidou en aceptar ser cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA nas municipais de 2007 en Vigo cando a organización solicitoullo.

Nestes tempos duros, de recortes e de pauperización da vida e dos servicios sociais, notaremos sen dúbida o traballo e o cariño e ánimos da nosa querida Luisa

Que a terra lle seña leve. Gracias por todo compañeira

Relacionados