ESQUERDA UNIDA FELICITA AOS COMUNEIROS E COMUNEIRAS DE CABRAL POR “PRIORIZAR O MONTE ANTES QUE A CULTURA DO PELOTAZO”

Pide aos tres grupos municipais do PSOE, BNG e PP, corresponsables da existencia deste ámbito no PXOM que “finiquiten Liñeiriños” modificando o PXOM e evitando que aparezan novas empresas a formular o mesmo no futuro se Eurofund finalmente retira o seu proxecto.

Rubén Pérez, coordinador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e Julio Fernández, responsable de política municipal, trasladaron hoxe unha felicitación ao grupo opositor da COMUNIDADE DE MONTES de Cabral e ao conxunto de homes e mulleres da parroquia que co seu voto amosaron que Cabral NON QUERE este proxecto e que nin a presión dos medios de comunicación, a exercida polo propio goberno municipal que, incluso, “ameazaba con seguir adiante co proxecto independentemente do voto de hoxe”.

Esquerda Unida considera que EUROFUND non ten outra saída que marcharse, e o presidente da Comunidade de Montes debería dimitir de inmediato, convocar xa unha asemblea para elixir nova dirección, presentar contas e asumir que a súa actitude dividiu á parroquia e, sobre todo, asentou a idea xeneralizada de actuar en base ao interese da empresa promotora do proxecto.

Para EU comenza agora un traballo de seguimento e explicación dos pasos que, empresa e xerencia de urbanismo, tomen se finalmente seguen adiante co proxecto.

Relacionados