Esquerda Unida fai unha pregunta parlamentaria sobre Citroën

ESQUERDA UNIDA DE VIGO TRASLADA AO DEPUTADO GASPAR LLAMAZARES UNHA PREGUNTA DIRIXIDA AO MINISTRO DE INDUSTRIA SOBRE AS AXUDAS RECIBIDAS POR CITROËN ORIENTADAS AO MANTEMENTO DO EMPREGO NA FACTORIA DE VIGO.

 

Rubén Pérez, candidato de EU nas eleccións municipais de 2011 e coordinador local en Vigo, entregou ao deputado de IU unha pregunta que pretende aclarar que axudas recibiu a compañía gala a cambio de evitar ERE’s e que agora quedarían en “auga de borrajas”. Rubén Pérez recorda que en 2008 e 2009 a planta recibiu unha choiva de millóns tanto da Xunta de Galicia como do Goberno, e que moitas delas estaban condicionadas ao mantemento do emprego.

Os resultados económicos de Citröen seguen sendo inxentes, só hai diminución de beneficios entre exercicios, non perdas, recordou o candidado de Esquerda Unida.

Para ESQUERDA UNIDA ademais de que a produción de Citroën debería axustarse á demanda, evitando os tempos e ritmos que actualmente están devengando en situacións laborais críticas, é hora de que os beneficios empresariais revertan en calidade de vida dos traballadores. Esquerda Unida cre, como así o manifestaron os sindicatoas franceses, que o que subxace tamén é o afán polo grupo galo de maquillar operacións de posibles vendas de activos do grupo, como a financeira Banque PSA Finance ou a filial de compoñentes Faurecia, da que é accionista maioritario, e cuxo valor en bolsa esborrallouse no 2009 e 2010.

 

Pregunta parlamentaria
Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida

Relacionados