Esquerda Unida é a forza que impedirá a chegada do PP á alcaldía de Vigo

A posibilidade cercana da entrada dun concelleiro de EU que aventuran as enquisas coñecidas hoxe (que sitúan a EU a pouco máis de un punto de conquerir representación) impediría a mayoría absoluta do PP e obrigaría a facer valer un programa verdadeiramente de esquerdas. Rubén Pérez, cabeza de lista de EU ao concello de Vigo, considera que as enquisas coñecidas hoxe son un avance histórico porque colocan a EU a un paso do Concello de Vigo por primeira vez en moitos anos.

Rubén Pérez suliña que ESQUERDA UNIDA disputa co PP o último concelleiro da corporación e pide que o voto da esquerda alternativa sexa un voto útil a ESQUERDA UNIDA para impedir a chegada da dereita ao Concello de Vigo. A pesar de que a enquisa non é representativa porque aínda 1 de cada 4 vigueses non ten decidido o seu voto e que as foron feitas a finais de abril e principios de maio coa campaña aínda sen arrancar, ESQUERDA UNIDA valora o feito que que poda ser a forza decisiva para impedir que o PP acade á alcaldía e que obrigue a PSOE e BNG a modificar a súa política clientelar e impropia dun goberno que se dí de esquerdas.

Rubén Pérez suliña que nunca na historia da formación as enquisas do fin de semán anterior colocaron tan cerca á formación de ESQUERDAS da entrada na corporación e lembrou que o abstencionismo de esquerdas está mudando cara ESQUERDA UNIDA unha vez que arrancou a camapaña electoral polo que EU estará con seguridade no concello e será o VOTO ÚTIL CONTRA A DEREITA E CONTRA AS POLÍTICAS DE DEREITA

Relacionados