ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE A MAIOR PARTE DOS VIGUESES DESCOÑECE AS ORDENANZAS MUNICIPAIS APROBADAS E QUE OS CARTOS TIRADOS EN CARTELERÍA PANFLETARIA DE “ALCALDÍA” TERÍAN QUE INVERTIRSE, POR EXEMPLO, EN DIVULGALAS.
O coordenador local e candidato á alcaldía en 2011 Rubén Pérez suliña que nas parroquias case todos os vecinos consultados por ESQUERDA UNIDA descoñecen que existen axudas para sufragar o custe da ITE (Inspección Técnica de Edificios), inspección obrigatoria que está xenerando un malestar importante aos vecinos con ingresos por debaixo do SMI.
Igualmente Rubén Pérez suliña que as ordenanzas aprobadas polo Concello de Vigo para 2011 non contemplan o escenario de 28.916 parados en novembro ede problemas importantes de exclusión social xa que moitas delas somentes bonifican por exemplo á familias numerosas independentemente da renda, polo que EU proporá que sexan de acordo á renda, proponiendo que o custe, por exemplo da ITE, sexa asumida polo propio concello para aquelas
pensións non contributivas, ou donde todos os membros se atopen en situación de desemprego ou con ingresos por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.
A importancia da publicación e promoción das ordenanzas municipais é importante especialmente en tempos nos que os orzamentos municipais decrecen pola baixada de impostos indirectos e directos e transferencias de outras administracións. Os máis de 20.000 euros despilfarrados polo Alcalde en crear unha administración paralela ó Concello chamada “alcaldía” poderían servir para que cada cidadán de esta cidade recibise unha carta informando dos dereitos e dos deberes contídos nas ordenanzas.
Gabinete de Prensa Secretaría de Comunicación Executiva Local de Esquerda Unida