O coordinador local de Esquerda Unida desminte que algún representante de dita formación participara na presentación da revista de Galicia Bilingüe “Vosotros”. Dita información aparece en diferentes medios e non se axusta a realidade.
Aínda que Esquerda Unida foi invitada por Galicia Bilingüe, Esquerda Unida non asistiu, dado que os principios de defensa da lingua galega defendidos pola nosa formación son incompatibles cos que defende Galicia Bilingüe.